Impresión autoservizo de IESIDE

Prezos

Branco e negro 0,03 €
Cor 0,25 €
Escaneado 0,02 €

Con este novo sistema, facilitámosche a impresión de documentos dende calquera ordenador ou dispositivo conectado a rede, en calquera momento, utilizando a máxima calidade dos equipos profesionais a un prezo sen competencia.

Podes enviar o teu traballo cando queiras, e no momento que te atopes diante dunha máquina, seleccionar o traballo, ver o custo e se o aceptas, imprimilo.

Se o que queres é fotocopiar, escanear ou imprimir dende un USB, tamén poderás facelo en calquera máquina.

Preguntas Frecuentes

¿É NECESARIO DARSE DE ALTA?

Non. Se es usuario da Escola de negocios Novacaixagalicia xa estás dado de alta no sistema co teu usuario e contrasinal persoal.
Poderás imprimir, fotocopiar ou escanear en calquera das máquinas.

¿COMO PODO ENVIAR A IMPRIMIR?

Tes tres formas de imprimir a distancia:

1.- Dende a propia máquina.
Identifícate na máquina, insire o Pen drive (Formateado en FAT 32), selecciona o arquivo que desexas, pulsa “imprimir” e indica a configuración que queres, unha ou dúas caras, cor ou branco e negro e pulsa a tecla azul.
Tamén podes fotocopiar e escanear documentos.

2.- Dende a Web.
Identifícate no noso interfaceWeb, carga o ficheiro que desexas imprimir (Office, PDF, jpeg) seleciona a modalidade que desexas, cor ou branco e negro, unha ou dúas caras e cando queiras, achégate a unha máquina, pasa a túa tarxeta polo lector de proximidade ou introduce o teu usuario e contrasinal e libera o traballo que quedou almacenado na túa cola personalizada.

3.- Dende o IPAD ou correo electrónico.
Abre o arquivo, e/ou envíao por correo electrónico, dende a túa conta do colexio, achegando un arquivo (PDF, Office, JPGs) e envíao a imprimir.edn@campusnanube.com, indicando no asunto P:color1 / P:color2 / P:negro1 / P:negro2 dependendo da modalidade que desexas, cor ou branco e negro, unha ou dúas caras e poderás recollelo na impresora cando queiras.

¿CÓMO RECARGO O SALDO?

Podes recargar diñeiro na túa conta persoal mediante a web, realizando un pagamento a través da pasarela de pagamento da túa conta corrente.

¿CANDO SE PAGA?

O sistema informarache do custo do teu traballo enviado a imprimir, dependendo da súa tipoloxía, número de páxinas, cor ou branco e negro, unha ou dúas caras… O feito de enviar un traballo a imprimir, non implica que se desconte o custo do teu saldo, soamente cando te identifiques nunha máquina autoservicio, e aceptes a impresión, cobraráseche o importe.

¿ONDE PODO VER O ESTADO DA MIÑA CONTA?

Na nosa plataforma poderás realizar todos os procesos que necesitas, ver o teu saldo e recargalo, ver os traballos pendentes de impresión e o teu histórico de traballos. Só tes que introducir o teu usuario e contrasinal da escola e terás acceso á información.

¿QUE PASA SE A MÁQUINA SE ATASCA?

Hai un servizo de asistencia técnica exclusivo para a máquina de autoservizo. Chámanos e alguén se achegará para axudarte. En caso de atoamento ou avaría da máquina cando está en proceso de impresión, o sistema identificará o teu traballo e non o cobrará.

¿ONDE ESTÁ O MEU TRABALLO?

Cando envías un documento, almacénase nun servidor de impresión durante 72 horas. Se non o liberas nunha das máquinas, borrarase do noso sistema e terás que envialo de novo.
Unha vez que imprimes o teu traballo, borrarase do noso sistema.
A información está cifrada e ninguén pode ver nin imprimir un traballo sen a túa autorización

foto-2

Iniciar sesión